Prazo cancelado
Suspensión temporal
Nas actuais circunstancias e tendo en conta:
- Que a situación de incerteza de cara ó próximo curso académico séguese mantendo no tempo.
- Que moi probablemente o próximo curso académico, na universidade, se inicie total ou parcialmente con docencia a distancia.
- Que o Máster Propio en Produción de Leite ten unha compoñente práctica elevada.
- Que non podemos garantir a viabilidade de acceso a instalacións, explotacións, industrias, cooperativas ou institucións, nas que se desenvolven parte das actividades programadas no máster.
Decidiuse suspender a oferta académica do Máster Propio en Produción de Leite para o curso académico 2020/21.
Trátase dunha suspensión temporal, motivada única e exclusivamente polas circunstancias sobrevidas por mor da pandemia orixinada polo COVID-19.
Temos a firme vontade de manter a oferta académica no futuro e máis concretamente para o curso 2021/22.
Requisitos de acceso
Graduados, máster, diplomados, licenciados, veterinarios i enxeñeiros técnicos e superiores.

Criterios de selección
Establecerase unha prelación de candidatos atendendo ós seguintes criterios:
1) Expediente académico (ata 5 puntos). Procederase a ponderar a nota media do expediente entre 5 puntos para a nota media máis elevada e 2 puntos para a nota media máis baixa.
2) Experiencia profesional e currículo relacionado co sector gandeiro en xeral e vacún leiteiro en particular (ata 3 puntos).
3) Orde de inscrición (ata 2 puntos). Procederase a ponderar entre 2 puntos para a primeira inscrición e 0 para a última.