
Carga lectiva
O Máster en Produción de Leite impártese en formato presencial articulado en 60 créditos ECTS :
- 35 créditos ECTS de clases presenciais (10 horas por crédito)
- 12,5 créditos
de prácticas en empresas (25 horas por crédito)
- 12,5 créditos de traballo fin de máster (125 horas de traballo persoal)
Duración do curso
- Clases presenciais de setembro de 2021 a Xuño de 2022
- Prácticas en empresas de
outubro de 2021 ata
non mais
tarde do 30 de xaneiro de 2023
- Viaxes de prácticas: Xaneiro -Xuño 2022
- Traballo fin de máster, con posibilidade de tres convocatorias: Xullo 2022, novembro 2022 e febreiro de 2023
Titulación
Tras
superar satisfactoriamente o máster o alumno obterá o titulo expedido pola Universidade de Santiago de Compostela de
Máster Propio en Produción de Leite, para o cal deberá cumprir o seguinte:
- Asistir a máis do 75% das
actividades programadas
- Superar
os exames de cada unha
das materias
- Superar un exame final global
- Realizar e superar con aptitude un traballo fin de máster
Módulos Formativos 2021/22
Ofertamos a posibilidade de cursar dous módulos formativos de forma independente (sin necesidade de cursar a totalidade do máster), como cursos de formación continua:
* Curso Básico de Alimentación na Produción de Leite (3 prazas). Código: FCA4011 / 722
* Curso Básico de Economía da explotación de leite (3 prazas). Código: FCA4021 / 723