MÁSTER EN PRODUCIÓN DE LEITE
Próxima convocatoria curso 2017/18 

Lugar de celebración

Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL)

Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo

Carga lectiva

O Máster en Produción de Leite impártese en formato presencial articulado en 60 créditos ECTS :

  • 35 créditos ECTS de clases presenciais (10 horas por crédito)
  • 12,5 créditos de prácticas en empresas (25 horas por crédito)
  • 12,5 créditos de traballo fin de máster (125 horas de traballo persoal)

Duración do curso

  • Clases presenciais de setembro de 2017 a Xuño de 2018
  • Prácticas en empresas de outubro de 2017 ata non mais tarde do 30 de outubro de 2018
  • Viaxes de prácticas: Xaneiro -Xuño 2018
  • Traballo fin de máster, con posibilidade de dúas convocatorias: Xullo 2018 e Decembro 2018

Titulación

Tras superar satisfactoriamente o máster o alumno obterá o titulo expedido pola Universidade de Santiago de Compostela de Máster Propio en Produción de Leite, para o cal deberá cumprir o seguinte:

  1. Asistir a mais do 80% das actividades programadas
  2. Superar os exames de cada unha das materias
  3. Superar un exame final global
  4. Realizar e superar con aptitude un traballo fin de máster

Patrocinadores